
RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. (19-20 marzo)
Tres victorias e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada xornada.
O equipo masculino de 2ª División B perdeu no Municipal “M. Coto Ferreiro” ante A Estrada Futsal por 4-2 nun partido no que se adiantou por dúas ocasións e mereceu mellor resultado. Marcaron Ismael e Antón. Os de Quini recibirán o vindeiro sábado ás 19:00 horas derbi ao Ribeira F.S. nun partido trascendental para os dous equipos, os vilalbeses para engancharse aos postos de play off e os lucenses para eludir o descenso.
O equipo feminino de Preferente Autonómica goleou 7-1 ao Poio Pescamar F.S. “B”. Marcaron Pasto (2), Aroa, Paulita, Marta, Silvia e Akira. As de Quini realizaron de novo un gran partido e continúan na cuarta posición da táboa clasificatoria. A vindeira xornada recibirán á S.D. A Gaiola.
O equipo masculino de Preferente Galicia nun emocionante partido entre dous equipos candidatos ao ascenso gañou 3-2 ao Jogafán Ordes F.S. Marcaron Rus, Christian e Miguelito. Os de Ismael continúan en postos de ascenso a Terceira División. A vindeira semana recibirán ao Restaurante Galicia Agolada F.S.
O filial feminino goleou á U.D. Pastoricense por 9-1 no derradeiro partido da fase de grupos da Copa Federación de Primeira Autonómica. Marcaron polas vilalbesas María (3), Leire (3) e Carla (2) e Iris. Con este resultado as de Ledín rematan a fase de grupos como primeiras clasificadas.