RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. (11/12 febreiro)

Dúas victorias e tres derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada xornada.

O equipo masculino de 2ª División B perdeu 2-5 ante o C.D. Unión Arroyo no partido adiado polas goteiras no Pavillón Municipal de Deportes. Marcaron Antón e Ismael. Os de Quini que comezaron co resultado de 1-2 faltando 07:17 para o descanso volveron a cometer os mesmos erros de partidos anteriores, sobre todo a falta de puntería e non foron capaces de remontar.

O equipo feminino de Preferente Autonómica perdeu 3-5 ante o F.C. Meigas. Marcaron Antía, Jenni e Paulita. As de Quini realizaron unha bo partido pero non puideron facer nada ante as tres expulsións sufridas, dúas delas na portería.

O equipo masculino de Preferente Galicia gañou 6-1 diante ao F.S.F. Castro KWS Agricampo. Marcaron Pelouro (2), Rus, Iker, Nuno e Miguelito. Os de Ismael volven á senda da victoria no partido aprazado polas goteiras no Pavillón Municipal de Deportes. Os de Ismael xa están no terceiro posto da clasificación.

O filial feminino comezou a fase de grupos da Copa Federación de Primeira Autonómica con victoria por 5-2 ante o Praias de Barreiros C.D.

O xuvenil masculino venceu ao 5 Coruña F.S. B – Mera F.S. Marcaron Maseda e Pablo Díaz. Os de Miloso acaban a primeira fase como penúltimos de grupo e xogarán por non descender.