RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. (11-12 marzo)

Dúas victorias, dúas derrotas e un partido adiado foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada xornada.

O equipo masculino de 2ª División B non xogou o seu partido ante o Ganomagoga I.E.S. Coruxo F.S. por mor da condensación que había no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba. Aínda que o equipo vilalbés intentou buscar unha instalación alternativa para disputar o partido non o conseguiu. O vindeiro sábado ás 18:00 horas xogarán no Municipal “M. Coto Ferreiro” ante A Estrada Futsal.

O equipo feminino de Preferente Autonómica gañou 4-5 ante o Fisober F.S. Marcaron Pasto, Carla, Antía (2) e Aroa. As de Miloso realizaron un gran partido e venceron a un dos líderes destacados da competición.

O equipo masculino de Preferente Galicia perdeu 6-2 diante do C.P. Casás. Marcaron Rus e Josito. Os de Ismael a pesar da derrota continúan no segundo posto da clasificación. A vindeira semana terán un interesante partido recibindo ao Jogafán Ordes que está un posto por debaixo.

O filial feminino perdeu o primeiro partido da tempada no terceiro partido da fase de grupos da Copa Federación de Primeira Autonómica por 2-1 na pista do Praias de Barreiros C.D. O gol das vilalbesas foi obra de Antía.

O xuvenil masculino venceu ao Aceites Abril Marín Futsal por 6-3. Marcaron Javi, David, Lozano, Michael, Brais e Mario. Os de Miloso suman a segunda victoria e encabezan o grupo da Fase de Permanencia.