RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Tres victorias e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada xornada.

O equipo masculino de 2ª División B venceu 4-1 ao Ganomagoga IES Coruxo F.S. no partido aprazado pola condensación na instalación. Marcaron Dieguito, Fari, Quintela e Antón. Con este resultado os de Quini que están situados na quinta posición acadan a permanencia matemáticamente. O vindeiro xoves ás 20:00 xogarán en Alba de Tormes ante o Piensos Durán Albense F.S. sexto clasificado a 1 punto dos vilalbeses.

O equipo feminino de Preferente Autonómica goleou 1-7 ao Ribeiro de Avia F.C. Marcaron Nerea (2), Paulita, Carla, Silvia, Aroa e Antía. As de Quini continúan no cuarto posto da clasificación. A vindeira xornada recibirán ao Balaídos C.F.

O equipo masculino de Preferente Galicia gañou 2-6 a Os Meigallos F.S. Marcaron Miguelito (3), Nuno (2) e Pelouro. Os de Ismael continúan unha semana máis en postos de ascenso directo a Terceira División e na vindeira xornada recibirán ao Covirán Quiroga F.S.

O xuvenil masculino perdeu o primeiro partido da fase de permanencia ante Pecheches F.S. por 1-3. O gol vilalbés marcouno Javi. Malia a derrota os de Miloso continúan no primeiro posto.