RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 12 e 13 de novembro
Dúas victorias, un empate e unha derrota foi o balance na última xornada dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S.
O equipo masculino de 2ª División B perdeu ante A Estrada Futsal por 3-4 nun partido igualado. O equipo vilalbés adiantouse con dous goles mediada a primeira metade pero antes do descanso perdeu a vantaxe con dous goles nos últimos minutos. Na segunda parte os vilalbeses acusaron as numerosas baixas e recibiron outros dous goles, o último con porteiro xogador. Tamén co xogo de cinco para catro estiveron a piques de sumar un punto pero a falta de puntería e a boa actuación do porteiro visitante negaron un empate que podería considerarse máis xusto. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Quintela, Keita e Aitor. O próximo partido será o vindeiro sábado ás 16:45 horas no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo ante o Ribeira F.S. no que será o segundo derbi provincial para o equipo de Quini.
O equipo feminino de Preferente Galicia nun mal partido empatou 1-1 na pista da S.D. A Gaiola. Empezaron perdendo as de Quini e na segunda parte Jenni empatou o partido. Para a vindeira semana recibirán ao Ribeiro do Avia F.C.
O equipo masculino de Preferente Galicia venceu con autoridade ao Restaurante Galicia Agolada F.S. por 1-6. Marcaron Rus en dúas ocasións, Pelouro, Nuno, Kevin e outro en propia porta.
O filial feminino de Primeira Autonómica tamén goleou 0-7 ao Taboada Femenino F.S. Os goles das vilalbesas foron marcados por Antía (4), María (2) e Leire. Con este resultado o equipo de Ledín lidera a competición a falta dunha xornada para rematar a primeira volta.