RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Tres victorias e un empate foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada xornada.

O equipo masculino de 2ª División B empatou 4-4 ante o C.D. Juventud del Círculo Católico nun partido que tiñan moi encarrilado os vilalbeses e nos derradeiros minutos non souberon manter a vantaxe de tres goles. Marcaron Aitor (2), Ismael e Fede. Con este resultado os de Quini quedan situados na sexta posición. Debutaron o xuvenil David Rey e o cadete Javi Regueiro. O vindeiro sábado ás 19:30 horas o equipo ten unha complicada saída á pista do segundo clasificado o Deporcyl Guardo F.S. O partido será retransmitido en Youtube e Radio Guardo.

O equipo feminino de Preferente Autonómica venceu pola mínima 1-0 ao Balaídos C.F. O único gol do partido marcouno Pasto. As de Quini continúan no cuarto posto da clasificación. A vindeira xornada visitarán ao Carballiño F.S.

O equipo masculino de Preferente Galicia goleou 8-2 ao Covirán Quiroga F.S. Marcaron Pelouro (2), Miguelito, Nuno, Rus, Tito, Hugo e Copa . Os de Ismael continúan unha semana máis en postos de ascenso directo a Terceira División e na vindeira xornada visitarán ao Troula F.S. nun partido que pode ser decisivo na loita polo ascenso xa que os de Betanzos están terceiros a seis puntos.

O filial feminino goleou 0-4 ao Taboada F.S.F. na ida dos cuartos de final da Copa Federación. Marcaron Leire (2), Mireia e Ana. A volta será para a semana no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.