RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Tres victorias un empate e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada xornada.
O equipo masculino de 2ª División B empatou 2-2 ante o Deporcyl Guardo F.S. subcampión de liga. Marcaron Aitor e Antón. Con este resultado os de Quini, que mereceron un mellor resultado, mantéñense na sexta posición. O vindeiro sábado ás 16:30 horas os vilalbeses xogarán contra o Parrulo Ferrol F.S. “B” en Guitiriz debido a que o Pavillón de Deportes de Vilalba está ocupado polo FIV.
O equipo feminino de Preferente Autonómica venceu 3-8 ao Carballiño F.S. Marcaron Carla, (2), Aroa (2), Paulita, Antía, Pasto e Jenni. As de Quini continúan no cuarto posto da clasificación. A vindeira xornada recibirán ao Ribeira Lieders F.S.
O equipo masculino de Preferente Galicia gañou ao Troula Betanzos F.S. 4-5. Marcaron Rus (2), Nuno, Hugo e Íker. Os de Ismael venceron aos terceiros clasificados e acadan o ascenso histórico a Terceira División.
O filial feminino goleou 9-1 ao Taboada F.S.F. na volta dos cuartos de final da Copa Federación. Marcaron Ainara (4), Mireia (2), Ana (2) e Aitana. As de Ledín non deron opción ao seu rival e pasan ás semifinais de Copa cun contundente 13-1. Lamentamos que o partido estivera parado varias veces para limpar a pista pola auga que había provocada polas goteiras existentes na cuberta da instalación.
O equipo xuvenil perdeu na pista do Aceites Abril Marín F.S. por 6-3. Marcaron Amado (2) e Lozano. Os de Miloso perderon unha boa oportunidade de salvar a categoría a falta de dúas xornadas para acabar a competición.