RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 14-15 OUTUBRO
Tres victorias, un empate e tres derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.
O equipo de 2ª División B empatou 4-4 na pista do Sala Ourense 2014. O equipo de Quini desperdiciou numerosas ocasións de gol sobre todo na primeira parte e sumado aos erros defensivos non pasou do empate. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Ismael (3) e Kevin Chis. O vindeiro sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba recibirá ao I.E.S. Coruxo F.S.
Na Preferente Galicia o equipo feminino venceu a domicilio por 3-5 ao Carballiño F.S. Marcaron Elvi (3), Jenni e Pasto. O equipo de Quini sitúase terceiro clasificado a dous puntos do primeiro e recibirá a vindeira fin de semana ao F.S. Cidade de Pontevedra que vai cuarto clasificado.
O equipo de Terceira División gañou 8-5 ao Cidade de As Burgas. Os de Ismael remontaron para acadar a primeira victoria na nova categoría. Marcaron Iker (2), Pelouro (2), Rus, Miguelito, Hugo e Nuno.
O filial femenino gañou 0-4 na pista do F.S.F. Castro. O equipo de Ledín foi superior e acadou a segunda victoria. Marcaron Antía, María, Andrea Rivas e Laura Pérez.
O equipo xuvenil masculino perdeu por 2-1 na visita ao I.E.S.Coruxo F.S. Os de Nuninho encaixaron o gol da derrota no derradeiro minuto de partido. O gol dos vilalbeses marcouno David Rey.
O equipo xuvenil feminino na primeira xornada de liga perdeu por 1-6 co Burela F.S. O gol das vilalbesas marcouno Laura Pérez.
O equipo feminino cadete de Liga Galega perdeu por 6-1 ante o F.S.F. Castro. As de Miloso seguen en período de adaptación. O gol da honra marcouno Laura Varela.