RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. (14-15 Xaneiro)
Dúas victorias, dúas derrotas e un partido suspendido foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada xornada.
O equipo masculino de 2ª División B gañou con moitos apuros ao Sala Ourense por 2-1. O partido foi igualado na primeira parte e na segunda os vilalbeses tiveron máis ocasións pero non foi ata o final cando Quintela desnivelou a balanza. Con esta victoria o equipo de Quini continúa na terceira posición da táboa clasificatoria. O vindeiro sábado ás 16:45 horas no Pavillón dos Deportes de Lugo disputarase o derbi provincial co C.D. Lugo Sala. A directiva agradeceu públicamente ao Concello de Vilalba a celeridade con que acometeu a reparación das goteiras que levaron a suspender o partido da anterior xornada.
O equipo feminino de Preferente Autonómica perdeu na pista do Cidade de Pontevedra F.S. por 3-2. Marcaron para as vilalbesas Jenni e Antía. O equipo de Quini remata a primeira volta na cuarta posición.
O equipo masculino de Preferente Galicia viu como se adiaba o seu partido cando aínda non levaban dous minutos de partido por mor das goteiras na instalación do Bigmat Lucas Alto do Vento F.S. Nese momento o resultado era o inicial.
O equipo xuvenil masculino perdeu ante o Meigallos F.S. por 1-5. O único gol dos vilalbeses marcouno Brais.
O que segue coa racha triunfal é o filial feminino que venceu 1-3 ao C.D. Praias de Barreiros con dous goles de Jenni e outro de Ainara. O equipo de Ledín continúa como líder destacado da primeira fase.