RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Dúas victorias un empate e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada xornada.

O equipo masculino de 2ª División B rematou a competición cun empate 5-5 ante o C.D. Unión Arroyo. Marcaron Antón (3), Ismael e Íker. Os vilalbeses desperdiciaron nos derradeiros minutos unha vantaxe de dous goles. Con este resultado os de Quini rematan a competición no sétimo posto despois de realizar unha excelente tempada no estreo na categoría de bronce do fútbol sala nacional.

O equipo feminino de Preferente Autonómica perdeu ante o Ribeira F.S. – Lieders por 0-1. Mereceron moito máis as de Quini que non estiveron atinadas nos metros finais. A pesar da derrota, continúan no cuarto posto da clasificación. A vindeira xornada visitarán a pista do filial do Viaxes Amarelle.

O equipo masculino de Preferente Galicia derrotou 7-3 ao Rovil Studio Lago DVSport. Marcaron Johan (2), Copa, Josito, Hugo, Íker e Tini. Os de Ismael que xa teñen asegurado o ascenso a Terceira División continúan gañando con solvencia os seus partidos.

O filial feminino venceu a domicilio 3-4 ao Ribeira F.S. – Lieders “B” na ida das semifinais da Copa Federación. Marcaron Ana (3) e Carla. As de Ledín toman vantaxe na eliminatoria pero non se deben relaxar si queren estar na final de Copa. O equipo recibiu de mans do vicepresidente da RFGF, Carlos Méndez a Copa de Campión de Primeira Galicia Feminina na tarde do venres nos prolegómenos do partido de Preferente Autonómica.