RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Tres victorias e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada xornada.

O equipo feminino de Preferente Autonómica gañou na pista do equipo filial do Viaxes Amarelle por 2-3. Marcaron Antía, Aroa e Pasto. As de Quini continúan no cuarto posto da clasificación e na derradeira xornada de Liga recibirán ao F.S. Cidade de Pontevedra.

O equipo masculino de Preferente Galicia gañou 0-10 ao F.S.F. KWS Agricampo. Marcaron Nuno (3), Johan (2), Miguelito, Tito, Pelouro, Íker e Xoel. Os de Ismael nun partido moi serio golearon a un equipo xa descendido.

O filial feminino clasificouse para a final da Copa Federación ao vencer por 5-1 ao Ribeira F.S. – Lieders “B”. Marcaron Jenni (3), Antía e Carla. As de Ledín queren facer dobrete despois de quedar Campión de Primeira Galicia Feminina.

O xuvenil masculino rematou a Liga cunha derrota na pista do Concello de Begonte F.S. por 6-2. Marcaron Pablo Díaz e David Rey.