RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 16-17/09

Tres grandes victorias dos equipos masculino, feminino e xuvenil e unha derrota do filial masculino foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na primeira xornada de competición.

O equipo masculino de 2ª División B comezou gañando na casa 6-5 ao filial do Parrulo Ferrol que o ano pasado xogou o play off de ascenso. Nunha espectacular primeira metade os pupilos de Quini chegaron ao descanso por diante despois de empezar perdendo 1-3. Na segunda metade abriu brecha no marcador con dous goles máis pero o equipo ferrolán apretou e con outros dous goles mantívose con opcións ata o final. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Kevin Chis (2), Fede, Fari, Simón e outro en propia porta. O vindeiro sábado ás 19:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo haberá derbi ante o Lugo Sala.

Na primeira xornada de Preferente Galicia o equipo feminino estreouse vencendo por 4-5 na complicada pista do Atlético Arnoia. Marcaron Antía (2), Elvi (2) e Noe Pires.

Peor sorte tivo o filial masculino que debutaba na Terceira División e caeu goleado 7-1 na pista do filial do Portus Apostoli Noia F.S. que se mostrou superior. O autor do gol da honra marcouno Rus.

O equipo xuvenil masculino goleou a domicilio ao Concello de Begonte F.S. por 3-8. Marcaron Pablo Díaz (3), David (2), Samuel, Anxo e Martín.