RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Unha victoria e dúas derrotas, (unha delas a penaltis), foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na deradeira xornada da tempada 22/23.

O equipo feminino de Preferente Autonómica gañou ao F.S. Cidade de Pontevedra por 5-1. Marcaron Antía (3) , Paulita e Carla. As de Quini rematan no cuarto posto da clasificación despois de realizar outra excelente tempada.

O equipo masculino de Preferente Galicia perdeu 2-3 ante o Bigmat Lucas Alto do Vento. Marcaron Hugo e Rus. Os de Ismael rematan unha inolvidable tempada como subcampións de liga e o ascenso á Terceira División.

O filial feminino non puido facer dobrete ao caer a penaltis despois de rematar a final da Copa Federación con empate (2-2) ante o Concello de Begonte F.S. Marcaron Ainara e Aroa. As de Ledín finalizan unha extraordinaria tempada na que quedaron campioas de Primeira Galicia Feminina e subcampioas de Copa Federación.