RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 17-18 FEBREIRO

Tres victorias e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.

O equipo de 2ª División B venceu sen apuros 8-3 ao Sala Ourense. Os de Quini relaxáronse no primeiro tempo despois de ir gañando por dous goles a cero e chegaron ao descanso cun resultado de empate. Na segunda metade saíron máis centrados e non deron opción ao equipo ourensán. Marcaron para os vilalbeses Antón (2), Kevin Chis (2), Simón, Fede, Fari e Quintela. O vindeiro sábado visitarán ao IES Coruxo ás 17:00 horas no Pavillón Municipal das Travesas de Vigo.

Na Preferente Galicia o equipo feminino gañou 2-6 ao Balaídos C.F. Marcaron Elvi (2), Antía, Nerea, Pasto e Noe Pires. Con esta victoria as de Quini continúan no segundo posto da clasificación.

O equipo de Terceira División venceu 4-5 ante o Cidade das Burgas. Marcaron Rus (2), Iker, Miguelito e Johan. Segunda victoria consecutiva dos de Ismael que recibirán na vindeira fin de semana ao I.M. Galical Rábade F.S. noutro partido clave para a permanencia.

O filial feminino perdeu o primeiro partido de Liga ante o filial do Pescados Rubén Burela F.S. por 0-3. As de Ledín moi nerviosas non pudieron puntuar ante un rival que foi xusto vencedor. Con este resultado, a falta de dúas xornadas para rematar a competición, os dous equipos están empatados a 39 puntos pero as da Mariña teñen mellor golaveraxe que as vilalbesas.

O equipo xuvenil masculino perdeu 7-3 na visita ao Redondela F.S. Maramar. Marcaron para os vilalbeses Anxo (2) e Gimeno.