RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Tres victorias, un empate e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na primeira xornada de competición.

O equipo feminino de 2ª División debutaba na casa contra o Atlético Navalcarnero e acadou un importante empate a dous goles. Partido moi serio das de Quini e Miloso que mereceron algo máis e suman catro puntos nas dúas primeiras xornadas. Marcaron polas vilalbesas Elvi e Ana. O vindeiro sábado ás 17:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba recibirán ao Valdetires Ferrol F.S.F.

O equipo masculino de 2ª División B gañou en Zamora ao C.D. Intersala Zamora Euronics Caja Rural por 2-4. Os pupilos de Quini tiveron que remontar o gol inicial dos locais e venceron nunha pista complicada sumando a terceira victoria consecutiva. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Dieguito, Quintela, Ismael e Fari. O vindeiro sábado ás 19:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba recibirán ao Rácing de Mieres.

Na Preferente Futgal o filial masculino goleou 6-1 ao Hércules F.S. e suma a segunda victoria consecutiva. Marcaron Rus (2), Amado, Johan, Nuno e Miguelito.

Na Primeira Futgal femenina os dous equipos filiais enfrontáronse na primeira xornada de competición e o equipo B venceu 0-7 ao equipo C. Marcaron Jenni (2), Miri (2), Andrea, Laura e María.