RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Tres victorias, un empate e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na primeira xornada de competición.
O equipo feminino de 2ª División gañou por un axustado 2-1 ao Valdetires Ferrol F.S.F. ao que xa vencera polo mesmo resultado no partido de Copa Galicia. Gran primeira parte das de Quini e Miloso que se adiantaron pronto no marcador con dous goles de Aroa e mereceron algún máis antes do descanso dispoñendo incluso dunha superioridade por expulsión dunha xogadora visitante. Nos derradeiros minutos de partido acabaron sufrindo ante un rival que fallou tres dobres penaltis. Con esta victoria as vilalbesas suman sete puntos de nove posibles nun gran comezo de tempada. O vindeiro sábado ás 19:30 horas visitarán ao Ourense Ontime “B” no Pavillón dos Remedios.
O equipo masculino de 2ª División B goleou 8-1 ao Racing de Mieres. Os pupilos de Quini despois dun 2-1 ao descanso saíron fortes nos primeiros minutos da segunda parte para sentenciar o partido. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Alonso (3), Quintela (2), Adri, Antón e outro en propia porta. Con esta victoria os vilalbeses fan pleno de victorias nas catro primeiras xornadas de competición e sitúanse no alto da clasificación empatados a puntos co Caja Rural Atlético Benavente F.S. e o Stellae Leis Pontevedra F.S.. O vindeiro sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba recibirán ao I.E.S. Coruxo.
Na Preferente Futgal o filial masculino empatou 2-2 na pista do Alto do Vento F.S. Os vilalbeses encaixaron nos derradeiros minutos dous goles que lles privaron da victoria. Marcaron Amado e Brais.
Na Primeira Futgal femenina o filial “B” goleou 7-0 a A Lenda Castroverde F.S. Marcaron Jenni (2), Miri (2), Andrea, Carla e outro en propia porta. Peor sorte tivo o filial “C” que despois de ir todo o partido gañando encaixou tres goles nos minutos finais para acabar perdendo por 3-2 na pista da U.D. Pastoricense.


























