RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. (18/19 febreiro)

Dúas victorias foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada xornada.

O equipo masculino de 2ª División B venceu 5-7 na pista do C.D. Segosala. Marcaron Antón (2), Quintela (2), Diego, Fede e Ismael. Os de Quini, na matinal do domingo, despois dun “madrugón” voltaron á senda da victoria e colócanse a tres puntos do play off de ascenso. O vindeiro sábado ás 18:30 no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba terá lugar o derbi de proximidade fronte O Esteo F.S.

Tamén o equipo masculino de Preferente Galicia gañou 8-2 ao F.S. Pontedeume. Marcaron Pelouro (2), Iker (2), Nuno, Hugo, Copa e Kevin. Os de Ismael con este resultado colócanse en postos de ascenso directo a Terceira División. O vindeiro sábado ás 20:00 no Pavillón do Barrio das Flores da capital herculina enfrontaranse ao filial do 5 Coruña F.S.