RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 18-19 NOVEMBRO

Tres victorias e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.

O equipo de 2ª División B caeu goleado na difícil pista do Piensos Durán Albense F.S. por 7-0. O partido estivo marcado polas decisións arbitrais que minaron ao equipo de Quini chegando a estar varios minutos con tres xogadores en pista e polos erros propios con cinco lanzamentos á madeira. O vindeiro sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba os vilalbeses terán a oportunidade de resarcirse da derrota no derbi de proximidade a O Esteo F.S.

Na Preferente Galicia o equipo feminino venceu ao 5 Coruña F.S. por 2-0 nun partido moi igualado. Marcaron Noe Pires e Antía. O equipo de Quini que continúa da segunda posición venceu a un rival directo polo ascenso.

O equipo de Terceira División perdeu por 3-2 na pista do Praias de Barreiros C.D. Os de Ismael apretaron nos últimos minutos pero non foron capaces de puntuar. Marcaron Javi e Gimeno para os vilalbeses.

O filial femenino goleou 5-0 ao Ribeira F.S. – Lieders “B”. O equipo de Ledín foi moi superior e continúa no máis alto da clasificación. Marcaron Miri (2), Ainara, Andrea Rivas e Laura.

O equipo xuvenil masculino gañou por 4-5 na pista do Alto do Vento F.S. Os de Nuninho remontaron no derradeiro minuto e sumaron unha importante victoria. Marcaron David Rey (3), Javi e Gimeno.