RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 19 e 20 novembro
Dúas victorias e tres empates foi o balance na última xornada dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S.
O equipo masculino de 2ª División B empatou por primeira vez na tempada na pista do Ribeira F.S. (1-1). O equipo de Quini adiantouse mediada a primeira metade nun disparo desde a frontal de Antón pero antes do descanso o equipo local igualou o marcador. Na segunda parte os vilalbeses a pesar das numerosas baixas foron mellores e só a gran actuación do porteiro local e a nefasta actuación arbitral evitaron que os tres puntos non voltaran para Vilalba. O próximo partido será o vindeiro sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal dos Deportes de Vilalba ante o Piensos Durán Albense F.S. que ocupa a quinta posición na clasificación a dous puntos do equipo vilalbés que continúa terceiro.
O equipo feminino de Preferente Galicia goleou 5-0 ao Ribeiro do Avia F.C. Bo partido o realizado polas rapazas de Quini que aínda puideron marcar máis goles. Antía (2), Nerea, Marta e Paulita foron as goleadoras. Para a vindeira semana visitarán ao Balaídos C.F.
O equipo masculino de Preferente Galicia venceu por 4-1 aos Meigallos F.S. Marcaron Rus en dúas ocasións, Christian e Kevin. O equipo de Isma empeza a collerlle o pulso á categoría e xa está na parte media da clasificación.
O xuvenil masculino non pasou do empate nos dous derbis comarcais que disputou esta fin de semana. O equipo de Miloso empatou o venres ante o E.D.M. Concello de Guititiz F.S.por 4-4 con goles de Brais (2), Lozano e outro en propia porta. Na matinal do domingo sumou outro punto ante o Concello de Begonte F.S. tras empatar a tres goles. Regueiro, Michael e Pablo Díaz marcaron para os vilalbeses.