RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 2-3 DECEMBRO

Tres victorias e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.

O equipo de 2ª División B venceu 3-7 ao Inversia Seguros A Estrada Futsal. Os de Quini realizaron un partido moi serio e con esta victoria instálanse na parte tranquila da clasificación. Marcaron para os vilalbeses, Antón (3), Kevin Chis (3) e Quintela. O vindeiro sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba recibirán ao segundo clasificado o recén ascendido Stellae F.S.-Valga.

Na Preferente Galicia o equipo feminino venceu ao Rúa-Valdeorras, C.F. por 6-0. Os goles non chegaron ata a segunda metade nun partido no que o equipo de Quini foi superior. Marcaron Antía (3), Elvi, Pasto e Paulita.

O equipo de Terceira División perdeu por 7-5 ante a S.D. Outeiro de Rei. Os de Ismael realizaron un gran partido pero tres minutos de desconexión na segunda parte condenaron ao equipo a unha nova derrota. Marcaron Hugo (2), Rus, Miguelito e Pelouro.

O equipo xuvenil masculino gañou por 2-6 ao Campito Chapela F.S. Os de Nuninho suman a terceira victoria consecutiva. Marcaron Javi (2), Anxo, Pablo Díaz, Gimeno e Dilan. O mércores xogarán o partido adiado pola condensación ante o Noia Portus Apóstoli F.S ás 12 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

O equipo cadete feminino perdeu 10-1 ante o Viaxes Amarelle F.S. O gol das vilalbesas anotouno Laura Varela. O equipo de Miloso malia a derrota segue mellorando na súa primeira tempada de competición.