RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 20-21 XANEIRO
Dúas victorias e catro derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.
O equipo de 2ª División B perdeu por 4-3 na visita ao filial do Parrulo Ferrol. Os de Quini despois dun gran comezo de partido viron como lles remontaban e malia acadar o empate a tres goles encaixaron o derradeiro gol faltando un minuto para o final. Marcaron para os vilalbeses, Dieguito (2) e Ismael. O vindeiro sábado ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba recibirán ao primeiro clasificado A.D.C. Lugo Sala.
Na Preferente Galicia o equipo feminino perdeu por 2-1 ante o Ribeira F.S. Lieders. Nun partido moi igualado adiantáronse as vilalbesas cun gol de Antía pero o equipo local deulle a volta ao marcador antes do descanso. Con esta derrota as de Quini acaban a primeira volta da competición a seis puntos do ascenso a Segunda División.
O equipo de Terceira División perdeu por 4-7 ante o filial do Noia F.S. Os de Ismael soamente aguantaron o primeiro tempo ante o líder da competición. Marcaron Miguelito, Johan, Rus e Amado.
O filial feminino goleou 0-5 á U.D. Pastoricense. Marcaron Mireia (2), Ana, Jenni e Ainara. As de Ledín seguen intratables e contan todos os partidos por victorias.
O equipo xuvenil masculino gañou por un apretado 5-4 ao C.P. Casás e volven a senda da victoria. Marcaron Javi (2), Gimeno, Alex e David Rey. O equipo de Nuno remata a primeira volta da competición na metade da táboa despois dun mal comezo de liga.
O equipo cadete feminino perdeu 1-4 ante o S.D.C. y R. Narón O Freixo. O gol das vilalbesas anotouno Laura Varela.