RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Sete victorias e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada esta fin de semana.

O equipo feminino de 2ª División acadou unha goleada histórica ao vencer por 2-11 ao Gijón Fútbol Femenino en terras asturianas. Partido dominado de principio a fin polas vilalbesas que xa vencían no descanso por 0-5. Marcaron polo Grupo Forma-t Vilalba F.S. Elvi (2), Aroa (2), Lara (2), Fanny (2), Paulita e dous en propia meta. Con esta victoria e a derrota do Majadahonda F.S.F./Afar 4 as de Kini e Miloso sitúanse no máis alto da clasificación sumando dezaseis puntos de dezaoito posibles nun espectacular arranque ligueiro. O vindeiro sábado ás 19:00 horas recibirán ao C.D.E. Leganés F.S. Masdeporte.

O equipo masculino de 2ª División B venceu 5-3 ao Stellae Leis Pontevedra F.S., equipo candidato ao ascenso. Partido moi disputado e emocionante no que os pupilos de Quini tiveron que sobrepoñerse a un 0-2 encaixado nos primeiros minutos de partido e a expulsión de Tini. Marcaron polo Grupo Forma-t Vilalba F.S. Fari, Adri, Alonso, Simón e Ismael. Con este resultado os vilalbeses continúan cun pleno de victorias nas sete primeiras xornadas de competición e seguen líderes en solitario. O vindeiro domingo ás 12:00 horas visitarán a O Esteo F.S. no Pavillón Municipal de “A Fraga” de As Pontes nun derbi de proximidade.

Na Preferente Futgal o filial masculino gañou 4-7 na pista de A Estrada Futsal. Marcaron para os vilalbeses Rus (2), Pelouro, Miguelito, Nuninho, Brais e outro en propia porta.

Na Primeira Futgal femenina o filial “B” gañou 1-3 ao filial do Ribeira F.S. Marcaron María (2) e Paula R. O filial “C” perdeu ante o filial do F.S.F. Castro por 0-6.

O xuvenil masculino venceu 6-1 ao filial do Ribeira F.S. Marcaron Javi (2), Ismael (2), David e Samuel.

O cadete feminino gañou 5-2 ao Monterroso S.D. Marcaron para as vilalbesas Laura Varela (2), Sara, Lucía e Candela.

O cadete masculino venceu a domicilio 4-6 ao Praias de Barreiros C.D. Marcaron para os vilalbeses Alain (4), Trastoy e Míkel.

O infantil masculino debutou con derrota 1-4 ante o Casás “B”. Marcou para os vilalbeses Anxo.