RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 21-22/10
Tres victorias, un empate e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.
O equipo de 2ª División B venceu con claridade 6-3 ao I.E.S. Coruxo F.S. O equipo de Quini realizou unha boa primeira metade e no descanso gañaba fácilmente por 5-0. Na segunda parte o equipo relaxouse e os olívicos maquillaron o resultado. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Ismael (2), Antón, Keita, Quintela e Kevin Chis. O seguinte compromiso ligueiro, (esta fin de semana hai parón), será o vindeiro sábado 4 de novembro ás 18:30 horas ante o Rácing de Mieres F.S. en terras asturianas.
Na Preferente Galicia o equipo feminino venceu 4-3 nun traballado partido ao F.S. Cidade de Pontevedra. Marcaron Noe Pires (2), Antía e Elvi. O equipo de Quini errou numerosas ocasións de gol e sufriu ata o último segundo para acadar unha victoria ante un rival directo. Con este resultado o equipo vilalbés sitúase segundo clasificado a dous puntos do Fisober F.S. ao que visitará a vindeira fin de semana.
O equipo de Terceira División sumou un punto tras empatar a un gol na difícil pista do I.M. Galical Rábade F.S. O gol do empate marcouno Pablito Villar. Con este empate os de Ismael caen a postos de descenso pero acumulan tres xornadas consecutivas sen coñecer a derrota.
O filial femenino impúxose por 3-0 á U.D. Pastoricense. O equipo de Ledín foi superior e acadou unha nova victoria. Marcaron Andrea Rivas (2) e María.
O equipo xuvenil masculino perdeu por 3-6 ante o Hércules F.S. Os de Nuninho encaixaron outra derrota na casa. Os tres goles dos vilalbeses marcounos David Rey.
O equipo feminino cadete de Liga Galega perdeu por 0-6 ante o Ribeira F.S. Lieders que foi mellor. As de Miloso seguen mellorando e tiveron ocasións para facer algún gol.