RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 21, 22 e 23 de MARZO

Cinco victorias e dúas derrotas foi o balance para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada a pasada fin de semana.

O equipo feminino de 2ª División venceu por 6-0 ao ARRIVA A.D. Alcorcón F.S.F. Marcaron para as vilalbesas Pasto, Paulita, Aroa (2), Lara Balseiro e Albita. As de Kini e Miloso volven á senda da victoria despois de realizar un espectacular primeiro tempo con catro goles e catro tiros aos postes. O vindeiro sábado viaxarán á localidade cántabra de Astillero para enfrontarse ao C.D.E. Muslera GSW “A” a partir das 18:00 horas no Pavillón “Guillermo Cortés”.

O equipo masculino de 2ª División B venceu 3-4 na pista do ata agora líder Caja Rural Atlético Benavente F.S. Marcaron Kevin Chis (3) e Alonso. Os de Kini e Manel malia as baixas realizaron un partido moi serio e sitúanse primeiros en solitario a falta de catro xornadas para rematar a competición. O vindeiro sábado non haberá competición e a seguinte xornada será o 5 de abril na que recibirán ao C.D. San Cristóbal Automoción Núñez (Segovia).

Na Preferente Futgal o filial masculino venceu 4-7 ao 5 Coruña F.S. “B”. Marcaron Javi (3), Nuno (2), Miguelito e outro en propia porta. Os de Ismael mantéñense nos postos medio altos da táboa clasificatoria.

Na Primeira Futgal Feminina o filial “B” venceu por 15-0 ao Autocristales J. Abella F.C. Marcaron Xela (5), Marta (3), Paula (2), Leire (2), Ainara, Miri e Laura. O filial “C” perdeu 4-2 contra o Superti Ribeira F.S. “B”. Marcou Laura Varela para as vilalbesas.

O cadete feminino venceu na segunda xornada de Copa ao Pescados Rubén Burela F.S. por 7-3. Marcaron para as vilalbesas Laura Varela (4), Lucía Vilasuso, Lucía Cendán e Olaya Seoane.

O cadete masculino perdeu 5-6 contra o E.D.M. Concello de Guitiriz. Marcaron Alain (2), Míkel, Anxo e Brais para os vilalbeses.