RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. (21-22 Xaneiro)
Tres victorias e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada xornada.
O equipo masculino de 2ª División B no peor partido da tempada caeu goleado 9-0 por u C.D. Lugo Sala que se mostrou moi superior.
O equipo feminino de Preferente Autonómica goleou 0-6 ao Terra de Celanova F.S. que ía terceiro na clasificación posto que ocupan agora as vilalbesas. Marcaron Antía (3), Pasto, Nerea e Aroa.
O equipo masculino de Preferente Galicia nun gran partido gañou na pista do I.M. Galical Rábade F.S. por 3-7. O equipo local que vai líder destacado nada puido facer ante o mellor xogo do equipo vilalbés. Marcaron Nuno (2), Miguelito (2), Pelouro, Josito e Johan.
O filial feminino tamén goleou 7-0 a U.D. Pastoricense nun partido que dominaron de principio a fin. Marcaron Jenni (2), María, Antía, Carla, Leire e Iris. Con este resultado o equipo de Ledín asegura a primeira posición na primeira fase da competición.