RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Tres victorias e tres derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada esta fin de semana.
O equipo feminino de 2ª División venceu 3-0 ao C.D.E. Leganés Masdeporte nun partido igualado que se decidiu por detalles nas dúas áreas no que as vilalbesas tiveron máis acerto de cara ao gol ademáis dunha gran actuación de Albita na portería. Marcou polo Grupo Forma-t Vilalba F.S. Lara (2) e o outro foi en en propia porta. Con esta victoria as de Kini e Miloso continúan no máis alto da clasificación e non coñecen a derrota despois de sete xornadas de competición. O vindeiro domingo ás 13:30 horas vistarán o Polideportivo “Los Cantos” para enfrontarse ao ARRIVA AD Alcorcón F.S.F.
Derrota dolorsa do equipo masculino de 2ª División B que perdeu o primeiro partido da tempada por 7-2 ante O Esteo F.S. no derbi de proximidade. Mal partido dos pupilos de Kini que non tiveron o seu día e acabaron perdendo por erros propios e a falta de acerto. Marcaron polo Grupo Forma-t Vilalba F.S. Adri e Simón. Con este resultado os vilalbeses perden o primeiro posto que pasa a ocupar o Caja Rural Atlético Benavente F.S. O vindeiro sábado ás 17:00 horas recibirán a La Isla de Siero F.S. no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.
Na Preferente Futgal o filial masculino gañou 4-2 ao filial do Ribeira F.S. Marcaron para os vilalbeses Rus (2), Nuninho e Íker. Os de Ismael están a tres puntos dos primeiros postos.
O xuvenil masculino perdeu 2-1 na pista da S.D. Xove F.S. Marcou David Rey para os vilalbeses.
O cadete feminino gañou 0-9 na pista do ADC Lugo Sala Dental Arias. Marcaron para as vilalbesas Laura Varela (3), Sara (2), Lucía (2) e Sofía (2).
O infantil masculino perdeu 0-2 contra o ADC Fonte do Rei Aceites Abril.


























