RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Cinco victorias e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada esta fin de semana.

O equipo feminino de 2ª División perdeu o primeiro partido de liga 3-1 ante o filial do AD ARRIVA Alcorcón F.S.F. Aínda que se adiantaron no marcador e foron ao descanso con vantaxe 0-1 non puideron aguantar a segunda metade. O único gol das vilalbesas marcouno Aroa. Con esta primeira derrota as de Kini e Miloso baixan á segunda posición. O vindeiro sábado ás 19:00 horas recibirán ao C.D.E. Muslera GWS “A”.

O equipo masculino de 2ª División B venceu 5-1 a La Isla de Siero F.S. Partido que non se resolveu ata os minutos finais. Marcaron polo Grupo Forma-t Vilalba F.S. Adri, Alonso, Ismael, Kevin Chis e Quintela. Con este resultado os vilalbeses continúan segundos na clasificación. O vindeiro sábado ás 18:00 horas visitarán ao Albense F.S. que ten os mesmos puntos que o conxunto vilalbés polo que se agarda unha saída moi complicada.

Na Preferente Futgal o filial masculino gañou 4-5 na pista do Pontedeume F.S. Marcaron para os vilalbeses Nuninho (2), Amado, Íker e Brais.

Na Primeira Futgal femenina o filial “C” goleou 0-14 ao Autocristales Juanes Abella F.C. Marcaron para as vilalbesas Laura Varela (5), Sandra (3), Lucía (2), Sofía (2) e Sara (2).

O xuvenil masculino venceu 9-0 ao ADC Fonte do Rei Aceites Abril. Marcaron David (3), Noé (3), Javi, Martín e Samuel.

O cadete feminino gañou 2-1 á Fervenza F.S.F. Narón O Freixo. Os dous goles das vilalbesas marcounos Laura Varela

O cadete masculino perdeu 2-5 ante o ADC Lugo Sala Occident “B”. Marcaron para os vilalbeses Alain e Samuel.