RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 23-24/09

Unha victoria e tres derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na segunda xornada de competición.

O equipo de 2ª División B perdeu ante o ADC Lugo Sala por 6-2. Nun partido intenso como se prevía o equipo de Quini malia as baixas competiu moi ben ata o final pero non puido puntuar ante o actual campión de Liga que chegou máis fresco aos últimos minutos. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Ismael e Antón. O vindeiro sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Xove haberá un novo derbi ante o recién ascendido S.D Xove F.S. o cal dispón dun plantel para disputar o play off de ascenso.

Na Preferente Galicia o equipo feminino estreouse na casa cunha goleada por 6-0 ante a S.D. A Gaiola. Non foi ata a segunda parte cando as de Quini resolveron o partido con facilidade. Marcaron Antía, Paula (2), Nerea, Pasto e Noe Pires.

O equipo de Terceira División perdeu na casa 4-6 ante un candidato ao ascenso como é o Transricard Distrito Ventorrillo. Os de Ismael intentárono ata o final pero non puideron sumar ningún punto. Marcaron Pelouro, Miguelito e Rus.

O equipo xuvenil masculino perdeu por 4-6 ante o filial do 5 Coruña F.S. Os de Nuninho no puideron puntuar ante un bo rival. Marcaron David, Brais, Javi e Pablo Díaz.