RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 24-25 FEBREIRO

Dúas victorias un empate e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.

O equipo de 2ª División B empatou 5-5 na pista do I.E.S. Coruxo F.S. Os de Quini que foron casi todo o partido por diante no marcador, desperdiciaron unha renta de dous goles e acabaron empatando nunha pista sempre complicada. Marcaron para os vilalbeses Ismael (2), Dieguito, Quintela e outro en propia porta. O vindeiro sábado recibirán ao Racing de Mieres ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

Na Preferente Galicia o equipo feminino goleou 9-0 ao Carballiño F.S. Marcaron Elvi (3), Fanny (2), Pasto (2) e Noe Pires (2). As de Quini foron moi superiores durante todo o partido. Con esta victoria as de Quini continúan no segundo posto da clasificación. Na vindeira xornada visitarán a difícil pista do F.S. Cidade de Pontevedra, (quinto clasificado) e tamén haberá un duelo entra as primeiras e terceiras clasificadas.

O equipo de Terceira División perdeu 0-3 ante o I.M. Galical Rábade F.S. Os de Ismael mereceron mellor sorte pero non pudieron puntuar nun partido importante para a permanencia.

O filial feminino goleou 0-6 ao Ribeira F.S. Lieders “B”. As de Ledín despois da única derrota da tempada volveron á senda da victoria e venceron cómodamente. Marcaron para as vilalbesas Miri (3), Xela, Andrea Rivas e María.

O equipo xuvenil masculino perdeu 2-5 ante o IES Coruxo F.S. Os de Nuno perderon ante un rival directo nun partido marcado polas expulsións rigurosas de Javi e Gimeno. Os dous goles vilalbeses marcounos Anxo.