RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 25-26 NOVEMBRO

Cinco victorias e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.

O equipo de 2ª División B venceu 3-1 no derbi de proximidade con máis apuros do previsto a O Esteo F.S. Os de Quini non estiveron finos e o partido non se decidiu ata o derradeiro minuto con dous goles seguidos. Marcaron para os vilalbeses, Ismael, Simón e Aitor. O vindeiro sábado ás 17:30 horas no Pavillón Municipal “Manuel Coto Ferreiro” visitarán a Seguros Inversia A Estrada F.S.

Na Preferente Galicia o equipo feminino venceu ao C.D. Mosteiro Bembrive “B” por 2-3 nun partido igualado. Marcaron Elvi, Antía e Paulita. O equipo de Quini continúa na segunda posición.

O equipo de Terceira División perdeu por 4-7 ante a S.D. Pazos de Borbén. Os de Ismael no puideron sumar e continúan en postos de descenso. Marcaron Rus (2), Hugo e Javi.

O filial femenino goleou 0-6 ao Taboada Feminino F.S. O equipo de Ledín continúa sumando os partidos por victorias e mantense no máis alto da clasificación. Marcaron Andrea Rivas (3), Miri, Marta e Leire.

O equipo xuvenil masculino gañou por 5-3 ao Grelo Troula Betanzos F.S. Os de Nuninho nunha dinámica positiva suman a segunda victoria consecutiva. Marcaron Alexandre, Javi, Anxo, Pablo Díaz e Gimeno.

O equipo cadete feminino venceu 3-0 ao ADC Lugo Sala Dental Arias. Marcaron Laura Varela (2) e Candela. O equipo de Miloso acadou a primeira victoria e segue mellorando no que é a súa primeira tempada de competición.