RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Dúas victorias tres empates e catro derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada esta fin de semana.
O equipo feminino de 2ª División empatou 2-2 ante o C.D. Segosala. Gran punto o sumado polas vilalbesas nunha pista moi complicada. Os goles foron obra de Marta Hermo e Aroa. Con este empate as de Kini e Miloso baixan á segunda posición pero seguen sendo ata o de agora o equipo revelación. O vindeiro sábado ás 17:30 horas recibirán ao Meigas C.F. no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.
O equipo masculino de 2ª División B empatou 8-8 contra o Caja Rural Atlético Benavente F.S. que segue liderando a competición. Resultado xusto nun partido espectacular entre dous equipos que fixeron vibrar aos seareiros que ateigaron o Pavillón Municipal de Vilalba. Marcaron polo Grupo Forma-t Vilalba F.S. Quintela (3), Ismael, Adri, Simón, Alonso e Fari. Malia o empate os vilalbeses continúan segundos na clasificación. O vindeiro sábado ás 19:00 horas viaxarán a Segovia para enfrontarse ao C.D. San Cristóbal Núñez Automoción.
Na Preferente Futgal o filial masculino ante a S.D. Composala por 5-3. Os de Ismael non pudieron puntuar na pista do líder. Marcaron para os vilalbeses Rus, Nuno e Diego Pellón.
Na Primeira Futgal femenina o filial “B” goleou 9-1 á S.D. Castroverde. Marcaron para as vilalbesas María Otero (3), Laura Pérez (3), Carla, Marta e Paula Rodríguez. O filial “C” caeu goleado por 13-3 na pista do Praias de Barreiros C.D. Marcaron para as vilalbesas Sofía (2) e Sandra.
O xuvenil masculino venceu 8-1 ao Casás “B”. Marcaron Javi Regueiro (6) e David Rey (2).
O cadete feminino empatou 4-4 co Ribeira F.S.-11 Teamsports. Marcaron Sara Gentil (2), Lucía Cendán e Laura Varela.
O cadete masculino perdeu 1-7 ante o Casás. Marcou para os vilalbeses Brais.
O infantil masculino perdeu 7-0 na visita ao Burela F.S.