RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 26 e 27 novembro
Catro victorias e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. nesta fin de semana.
O equipo masculino de 2ª División B venceu nun igualado partido ao Piensos Durán Albense F.S. por tres goles a dous. O equipo de Quini voltou á senda da victoria despois de tres partidos sin sumar os tres puntos. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Antón, Simón e Keita. Os vilalbeses continúan terceiros clasificados e o vindeiro sábado ás 18:00 horas xogarán na difícil pista do Juventud del Círculo Católico de Burgos.
O equipo feminino de Preferente Autonómica goleou ao Balaídos C.F. por 2-8. Marcaron Antía (3), Paulita (2), Akira, Pasto e Jenni. O equipo vilalbés venceu con autoridade e continúa cuarto clasificado a cinco puntos do primeiro.
O equipo masculino de Preferente Galicia colleitou a terceira victoria consecutiva ante o Covirán Quiroga F.S. ao que venceu por 0-3. Rus en dúas ocasións e Iker foron os autores dos goles.
O filial feminino goleou por 9-0 ao Castroverde F.S. Marcaron María en cinco ocasións, Ainara por partida dobre, Antía e Iris. O equipo adestrado por Ledín continúa ao frente da clasificación e na vindeira xornada visitará a pista do segundo clasificado o Concello de Begonte F.S.
O equipo xuvenil masculino caeu goleado na pista do Transricard Ventorrillo F.S. por 9-1. O autor do único gol vilalbés foi Amado. O equipo de Miloso continúa na parte baixa da clasificación.