RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 27-28 XANEIRO

Dúas victorias e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.

O equipo de 2ª División B perdeu por 1-2 ante o ADC Lugo Sala. Nun partido igualado os visitantes marcharon ao descanso cun gol de vantaxe. Mediada a segunda parte fixeron o segundo pero o equipo de Quini seguiu loitando e no derradeiro minuto conseguiu marcar por mediación de Dieguito. O gol local chegou algo tarde e non deu tempo para acadar a igualada. Os vilalbeses encaixaron a primeira derrota como locais na competición ligueira pero deixaron un gran sabor de boca aos siareiros que abarrotaron o Pavillón Municipal. O vindeiro domingo ás 13:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba recibirán á S.D. Xove F.S. noutro derbi lucense que se espera moi igualado.

Na Preferente Galicia o equipo feminino voltou á senda da victoria e derrotou 5-1 ao Atlético Arnoia. As de Quini fixeron un bo partido pero non foi ata os derradeiros minutos cando sentenciaron o partido ante un rival complicado. Marcaron Antía (3), Noe Pires e Pasto.

O equipo de Terceira División perdeu por 5-3 ante o Distrito Ventorrillo F.S. Os de Ismael aínda que se adiantaron non marcador e competiron ben non foron capaces de puntuar ante un equipo que loita polo ascenso. Marcaron Johan, Nuno e Pelouro.

O filial feminino goleou 5-0 ao Praias de Barreiros C.D. Marcaron Ainara, Carla, Marta, Miri e Xela. As de Ledín seguen no primeiro posto da clasificación.