RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Dúas victorias e cinco derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada esta fin de semana.

O equipo feminino de 2ª División perdeu 3-4 ante o Bembrive F.S. Primeira derrota na casa ante o actual campión de liga. Os erros puntuais nos derradeiros segundos de cada parte foron decisivos para que a victoria non quedara na casa. Marcaron para as vilalbesas Marta Hermo, Aroa e Lara. Con esta derrota as de Kini e Miloso pasan ao terceiro posto da clasificación que se comprime moito, habendo entre as catro primeiras dous puntos de diferencia. O vindeiro sábado ás 18:30 horas visitarán ao segundo clasificado El Gaitero Rodiles F.S.F. no Pavillón Municipal “Manuel Busto” de Villaviciosa.

O equipo masculino de 2ª División B venceu 0-2 ao Sibuscascoche Ribeira F.S. Nun partido trabado non foi ata os derradeiros minutos cando o equipo de Kini sentenciou o encontro. Marcaron para os vilalbeses Kevin Chis e Antón. Con esta victoria e a derrota do líder pasan a ocupar a segunda praza da clasificación empatados a puntos co novo líder, o Piensos Durán Albense F.S. O venres ás 21:00 horas recibirán ao filial do Portus Apostoli Noia F.S. partido co que se pechará a primeira volta.

Na Preferente Futgal o filial masculino perdeu ante Os Meigallos F.S. por un contundente 2-9. Os de Ismael non pudieron puntuar ante o segundo clasificado. Marcaron para os vilalbeses Rus e Íker.

Na Primeira Futgal femenina o filial “B” perdeu 1-3 co Praias de Barreiros C.D. Marcou para as vilalbesas Carla. O filial “C” venceu con solvencia por 6-1 a Os Meigallos F.S. Marcaron para as vilalbesas Laura Varela (3), Sofía (2) e Silvia.

O cadete masculino perdeu 7-2 ante o Ribeira F.S. Tibor Meira “B”. Marcaron Anxo e Míkel para os vilalbeses.

O infantil masculino perdeu 2-3 ante Os Meigallos F.S. “B”. Os vilalbeses estiveron a piques de estrear o casilleiro de puntos. Marcaron para os vilalbeses Manu e Mario.