RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 28, 29 e 30 de MARZO
Dúas victorias e catro derrotas foi o balance para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada a pasada fin de semana.
O equipo feminino de 2ª División venceu por 0-4 ao C.D.E. Muslera GSW. Marcaron para as vilalbesas Aroa (2), Elvi e María. Con esta victoria as de Kini e Miloso sitúanse na terceira plaza. O vindeiro sábado recibirán ao C.D. Segosala a partir das 17:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.
Na Preferente Futgal o filial masculino perdeu 2-5 ante a S.D. Composala. Marcaron Javi e Nuno (2). Os de Ismael non pudieron nos últimos minutos co líder da competición.
Na Primeira Futgal Feminina o filial “B” perdeu 4-1 na casa do campión de liga, o C.D. Praias de Barreiros. Marcou Jenni para as vilalbesas. O filial “C” tamén perdeu 2-1 contra Os Meigallos F.S. O gol das vilalbesas marcouno Lucía Cendán.
O cadete masculino venceu 1-7 ao contra o ADC Fonte do Rei Aceites Abril. Marcaron Esteban (4), Alain, Aldan e Míkel para os vilalbeses.
O infantil masculino perdeu 1-0 na pista do Serra Castroverde F.S.


























