RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 28-29 OUTUBRO

Dúas victorias e tres empates foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.

Na 2ª División B houbo parón ligueiro e o seguinte compromiso será o vindeiro sábado 4 de novembro ás 18:30 horas ante o Rácing de Mieres F.S. en terras asturianas. Antes, o mércores 1 de novembro ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba, disputará os cuartos de final da Copa Galicia ante o ADC Lugo Sala.

Na Preferente Galicia o equipo feminino venceu a domicilio ata o de agora líder Fisober F.S. por 2-4. Marcaron Antía (2), Nerea e Elvi. O equipo de Quini nun partido moi traballado acadou unha gran victoria e sitúase no alto da clasificación. Na vindeira xornada recibirá ao Concello de Begonte F.S. no derbi comarcal.

O equipo de Terceira División sumou un punto tras empatar ante o Sport Sala a dous goles. Marcaron Pablito Villar e Hugo. Con este empate os de Ismael caen a postos de descenso pero acumulan tres xornadas consecutivas sen coñecer a derrota.

O filial femenino impúxose por 2-5 ao Praias de Barreiros C.D. O equipo de Ledín realizou unha gran primeira parte e mantense invicto na competición. Marcaron Andrea Rivas (3), Marta e Leire.

O equipo xuvenil masculino empatou 3-3 ante Os Meigallos F.S. Os de Nuninho tras o 0-3 do descanso reaccionaron a tempo e sumaron un punto. Os goles dos vilalbeses marcáronos David Rey, Javi Regueiro e Pablo Díaz.

O equipo feminino cadete de Liga Galega acadou un gran empate a tres goles na pista do S.D.C. y R. Narón O Freixo. Os tres goles marcounos Laura Varela. As de Miloso sumaron o primeiro punto da tempada.