RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. (28-29 xaneiro)

Catro victorias e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada xornada.

O equipo masculino de 2ª División B perdeu na casa ante o Unionistas de Salamanca F.S. por 2-4. Marcaron Aitor e Antón. O equipo de Quini con numerosas baixas e pouco acerto de cara a gol mereceu mellor resultado.

O equipo feminino de Preferente Autonómica goleou 7-0 ao filial do Cidade das Burgas F.S. Marcaron Aroa (2), Pasto (2), Akira (2) e Jenni. As de Quini continúan terceiras e recortaron dous puntos ás dúas primeiras clasificadas.

O equipo masculino de Preferente Galicia sin realizar un gran partido gañou por 3-1 ao Castroverde F.S. Marcaron Miguelito, Christian e outro en propia porta. Os de Ismael van cuartos clasificados con dous partidos menos.

O filial feminino no derradeiro partido de liga goleou ao Taboada Femenino por 7-0 nun partido que dominaron de principio a fin. Marcaron María (3), Antía (2), Leire e Sofía. As de Ledín conquistan o título de Liga pero non poderán ascender de categoría si o primeiro equipo non ascende a Segunda División.

O xuvenil masculino venceu a domicilio ao C.P. Casás por 2-3. Marcaron Maseda, Noé e  Javi Regueiro. Os de Miloso acadou a primeira victoria como visitante e abandonan a última posición.