RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Catro victorias e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada esta fin de semana.

O equipo feminino de 2ª División venceu 2-4 ao El Gaitero Rodiles F.S. e remata o ano na segunda posición. Gran encontro das vilalbesas que souberon administrar a vantaxe de tres goles que tiñan mediada a segunda parte. Marcaron Marta Hermo (2), Paulita e a porteira Paula Baamonde. Con esta victoria as de Kini e Miloso rematan un ano histórico con soamente dúas derrotas e a un só punto do primeiro clasificado o Majadahonda F.S.F./Afar 4. Precisamente ese será o próximo rival no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba para pechar a primeira volta de competición.

O equipo masculino de 2ª División B perdeu 3-5 ante o filial do Portus Apostoli Noia F.S. Primeira derrota na casa dos vilalbeses que malia as baixas tiveron ocasións para levarse o encontro. Marcaron Antón, Fari e Ismael. Malia a derrota os de Kini rematan unha gran primeira volta na cuarta posición a tres puntos do primeiro clasificado. O vindeiro encontro será contra o C.D. Juventud del Círculo Católico no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

Na Preferente Futgal o filial masculino perdeu ante Fonsagrada F.S. por 6-2. Malia as dúas últimas derrotas os de Ismael rematan a primeira volta na cuarta posición. Marcaron para os vilalbeses Nuno e Íker.

O xuvenil masculino impúxose con claridade ao Rudas Lugo Sala “C” por 7-1. Marcaron para os vilalbeses David Rey (4), Samuel, Pablo Díaz e Pablo Rañal.

O cadete femenino venceu 4-5 ao Icoeume Lago Sport. Marcaron Laura Varela (3), Sofía e Candela para as vilalbesas.

O infantil masculino venceu 0-4 ao ADC Lugo Sala Roberto Martínez “C” e acadou a primeira victoria. Marcaron para os vilalbeses Anxo Piella (3) e Daniel Núñez.