RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 29 e 30 outubro

Dúas victorias e catro derrotas foi o balance na última xornada dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S.

O equipo masculino de 2ª División B continúa en racha e gañou por 11-7 ao C.D. Universidad de Valladolid nun encontro moi extraño. O equipo de Quini comezou dunha maneira espectacular e mediada a primeira metade xa gañaba por catro goles a cero pero un exceso de relaxación e moitas perdas de balón foi aproveitado polo equipo de pucela para adiantarse cun sorprendente 4-5. Antes do descanso o equipo vilalbés empatou de dobre penalti. Nos primeiros minutos da reanudación houbo alternativas no marcador chegando a ir con empate a sete goles a falta de 6 minutos, pero a partir de ahí o equipo vilalbés volveu a ser o dos primeiros minutos de partido para coller unha vantaxe de catro goles e adicar outra victoria aos centos de siareiros que volveron a disfrutar do seu equipo. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Quintela (4), Ismael (3), Antón (2), Keita e César. Con este resultado e despois de sete xornadas o equipo de Quini, revelación do campionato ata o de agora, continúa segundo clasificado a tres puntos do líder. O próximo partido será o vindeiro sábado ás 16:30 horas no Pavillón Municipal das Travesas en Vigo ante o complicado Ganomagoga I.E.S. Coruxo F.S.

O equipo feminino de Preferente Galicia perdeu na casa 3-6 ante o Fisober F.S. Marcaron Pasto, Antía e Paulita. Con este resultado o equipo de Quini pasa a ocupar o terceiro posto. Para a vindeira semana terán unha saída complicada ante o filial do Poio Pescamar F.S. O partido será o vindeiro domingo ás 12:30 horas no Pavillón Municipal “A Seca” de Poio.

O equipo masculino de Preferente Galicia sufriu nos minutos finais para vencer 6-5 ao C.P. Casás un partido que tiña controlado. Marcaron Pelouro e Rus en dúas ocasións, Nuno e Tini.

O xuvenil masculino perdeu na matinal do domingo ante o C.P. Casás por 0-5. Os xogadores de Miloso non fixeron un mal partido pero cometeron numerosos erros nas dúas áreas.

O xuvenil feminino tamén perdeu os dous encontros correspondentes á terceira e cuarta xornada da Liga Galega celebrados no Polideportivo “Somos Fútbol” ante o Burela F.S.(0-5) e o Ribeira F.S. Lieders (2-5). Os goles das vilalbesas foron marcados por María e Leire