RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 3-4 FEBREIRO

Dúas victorias e catro derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na pasada fin de semana.

O equipo de 2ª División B perdeu 2-4 ante a S.D. Xove F.S. nun partido no que os de Quini mereceron mellor sorte. Marcaron para os vilalbeses Fede e Quintela. O vindeiro sábado ás 17:00 horas no Pavillón Municipal “La Alamedilla” visitarán ao Unionistas de Salamanca F.S.

Na Preferente Galicia o equipo feminino goleou 0-6 á S.D. A Gaiola. Marcaron Antía (4) e Pasto (2). Con esta victoria as de Quini volven a situarse no segundo posto da clasificación a seis puntos do líder.

O equipo de Terceira División caeu goleado por 10-1 na pista do E.D. Vigo 2015. O gol da honra marcouno Pelouro.

O filial feminino venceu 1-4 á S.D. Castroverde. Marcaron Andrea Rivas (2), Carla e María. As de Ledín seguen no alto da clasificación agardando o vindeiro encontro no que recibirán ao segundo clasificado o filial do Pescados Rubén Burela F.S.

O equipo xuvenil masculino caeu 6-1 ante o 5 Coruña F.S. “B” – Mera F.S. Marcou para os vilalbeses David Rey. O equipo de Nuno continúa na zona media-baixa da clasificación.

O equipo cadete feminino perdeu 0-7 ante o Pescados Rubén Burela F.S