RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S. 30-09/01-10
O equipo feminino de Preferente Galicia do Grupo Forma-t Vilalba F.S. salvou unha fin de semana no que os tres equipos masculinos caeron derrotados na terceira xornada de competición.
O equipo de 2ª División B perdeu o derbi ante a S.D. Xove F.S. por 4-2. Nun partido intenso como se prevía o equipo de Quini competiu ben a primeira metade chegando ao descanso con empate a un gol pero acusou de novo as baixas como na xornada anterior e foi superado na segunda metade polo equipo da mariña que leva un pleno de victorias ata o momento. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Kevin Chis e Antón. O vindeiro sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Vilalba recibirá a outro rival complicado como o Unionistas de Salamanca que a tempada pasada disputou o play off de ascenso.
Na Preferente Galicia o equipo feminino venceu a domicilio por 0-1 ao filial do Viaxes Amarelle cun solitario tanto de Paulita nos últimos minutos. Con esta victoria o equipo de Quini suma tres victorias en outros tantos partidos e recibirá a vindeira fin de semana ao Balaídos C.F.
O equipo de Terceira División volveu perder na casa 3-4 ante o E.D. Vigo 2015. Os de Ismael mereceron o empate pero seguen sin puntuar na nova categoría. Marcaron Pablito, Pelouro e Rus.
O equipo xuvenil masculino perdeu por 9-3 ante o S.D.C. y R. Narón O Freixo. Os de Nuninho reaccionaron tarde a unha pésima primeira metade. Marcaron Anxo López (2) e Brais.