RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Cinco victorias, dous empates unha derrota e un partido adiado foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada esta fin de semana.

O equipo feminino de 2ª División empatou 2-2 na pista do filial do Futsi Atlético Navalcarnero. Marcaron Elvi e Lara Balseiro. As de Kini e Miloso mereceron os tres puntos por ocasións e xogo pero non pasaron do empate. Agora ocupan a terceira posición a dous puntos do líder. A vindeira xornada será o sábado 8 de febreiro ás 17:00 horas no Pavillón de Esteiro ante o Valdetires Ferrol F.S.F.

O equipo masculino de 2ª División B venceu 7-3 ao C.D. Intersala Zamora Euronics Caja Rural. Marcaron Adri (3), Kevin Chis (2) e Quintela (2). Os de Kini colócanse terceros na clasificación. O vindeiro sábado visitarán ao Racing de Mieres ás 18:30 horas no Polideportivo Sur Mieres.

Na Preferente Futgal o filial masculino empatou 3-3 ante o Hércules F.S. Os de Ismael saen dos postos de play off de ascenso a 3ª División. Marcaron para os vilalbeses Pelouro, Ismael e Martín.

Na Primeira Futgal Feminina o filial “B” venceu A Lenda Castroverde por 1-9. Marcaron Paula (3), Leire (2), María (2), Jenni e Carla Boizán. Na mesma categoría o filial “C” perdeu por 0-3 ante a U.D. Pastoricense,

O xuvenil masculino venceu por 2-10 ao Concello de Begonte F.S. Marcaron para os vilalbeses Samuel (3), David (2), Javi (2), Ismael, Pablo Díaz e outro en propia porta.

O cadete feminino gañou 2-1 ao ADC Lugo Sala Dental Arias. As de Nuno remontaron o partido e continúan na segunda plaza da clasificación. Os dous goles das vilalbesas marcounos Laura Varela.

O cadete masculino venceu 1-5 ao SuperOtero 21 Castroverde F.S. Marcaron para os vilalbeses David (3), Samuel e Míkel.

O infantil masculino, por mor do temporal, adiou o seu partido contra o Ribeira F.S. Landelar “C”.