RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Tres victorias, dous empates e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada esta fin de semana.
O equipo masculino de 2ª División B empatou 4-4 ante o Racing de Mieres. Marcaron Simón, Kevin Chis (2) e outro en propia porta. Os de Kini perderon unha gran ocasión de empatar a puntos co líder xa que ao igual que o resto de equipos da cabeza non foron capaces de gañar. A vindeira xornada visitarán ao I.E.S. Coruxo F.S.
Na Preferente Futgal o filial masculino perdeu 4-7 ante o Alto do Vento Bigmat Lucas. Os de Ismael seguen sen gañar no 2025. Marcaron para os vilalbeses Pelouro, Nuno, Pellón e Martín.
Na Primeira Futgal Feminina o filial “B” venceu ao filial do F.S.F. Castro por 3-0. Marcaron Carla, Miri e Paula Rodríguez. Na mesma categoría o filial “C” venceu por 3-7 ante A Lenda Castroverde F.S. con goles de Silvia, Lucía Cendán, Laura Varela (2), Sofía, Sara e Lucía Río.
O cadete feminino perdeu 3-1 ante A Fervenza F.S.F. Narón O Freixo. As de Nuno encaixaron a segunda derrota da tempada. O gol das vilalbesas marcouno Laura Varela.
O cadete masculino goleou 10-1 ao ADC Fonte do Rei Aceites Abril no partido adiado da xornada 8. Marcaron para os vilalbeses Aldan (3), Alain (3), Míkel (2), Joel e Ayman.
O infantil masculino empatou 2-2 contra o Ribeira F.S. Landelar “C” no inicio da competición de “Copa”. Marcaron Manuel e Nicolás.


























