RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Cinco victorias e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada esta fin de semana.

O equipo feminino de 2ª División descansou por mor da disputa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-19 no que o Grupo Forma-t Vilalba F.S. aportou ás xogadoras Albita, Aroa e Paula á Selección Galega tendo as tres unha gran actuación aínda que non puidieron pasar das semifinais caendo ante a potente selección catalana. As de Kini e Miloso volverán á competición ante o Viaxes Amarelle F.S.F. o vindeiro sábado ás 18:00 horas no Pavillón da Sagrada Familia da capital herculina.

O equipo masculino de 2ª División B venceu por 3-6 ao Stellae Leis Pontevedra F.S. Marcaron Adri (2), Alonso, Simón, Ismael e Dieguito. Os de Kini nun gran encontro a nivel colectivo venceron a domicilio a un rival directo ao que superan na clasificación e xa son segundos. O vindeiro sábado ás 12:30 horas recibirán no derbi de proximidade a O Esteo F.S. no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

Na Preferente Futgal o filial masculino gañou ante A Estrada Futsal por 6-2. Marcaron Martín (2), Amado, Nuno, Johan, e outro en propia porta. Os de Ismael sitúanse na sexta praza da clasificación a un punto da fase de ascenso.

O xuvenil goleou 0-8 ao ADC Lugo Sala Bar ISA “B. Marcaron Martín (2), Mateo (2), Pablo Rañal (2), Pablo Díaz e David para os vilalbeses. Os de Ledín acaban a primeira fase na cuarta posición e xogarán polo ascenso á Preferente.

Na Primeira Futgal Feminina o filial “C” gañou 9-2 ao Autocristales Juanes Abella F.C. Marcaron Lucía Cendán (2), Lucía Vilasuso (2), Sandra (2), Candela, Sofía e outro en propia porta.

O cadete masculino perdeu 0-8 ante o Ribeira F.S. “C”.

O infantil masculino venceu 3-2 a Os Meigallos “B”. Marcaron Lois (2) e Samuel para os vilalbesas.