RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Catro victorias un empate e dúas derrotas foi o balance para os equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na xornada disputada a pasada fin de semana.
O equipo feminino de 2ª División goleou por 14-0 ao Gijón Fútbol Femenino. Marcaron para as vilalbesas Lara (4), Elvi (3), Fanny (2), Aroa, Paulita, Paula Rodríguez e dous en propia porta. As de Kini e Miloso sumaron tres puntos nun partido que dominaron de principio a fin e con esta victoria acadan matemáticamente a permanencia a falta de nove xornadas para o remate da competición. O vindeiro sábado visitarán ao C.D.E. Leganés Masdeporte nun duelo directo pola promoción de ascenso a Primeira División.
O equipo masculino de 2ª División B, na matinal do domingo, tamén goleou por 1-8 a La Isla de Siero F.S. Marcaron Antón (3), Simón (2), Dani, Alonso e Ismael. Os de Kini continúan na segunda posición a dous puntos do líder. O vindeiro sábado recibirán ao cuarto clasificado o Piensos Durán Albense F.S. ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.
Na Preferente Futgal o filial masculino perdeu na visita ao filial do Ribeira F.S. por 8-5. Marcaron Pellón, David, Amado, Nuno, Johan. Os de Ismael sitúanse na metade da táboa clasificatoria.
Na Primeira Futgal Feminina o filial “B” venceu na casa 5-1 á U.D. Pastoricense. Marcaron Marta, María, Paula Rodríguez, Laura Pérez e outro en propia porta. O filial “C” tamén venceu 2-3 á S.D. San Lázaro con tres goles de Laura Varela.
O xuvenil masculino empatou 4-4 ante a S.D. Xove F.S. Marcaron para os vilalbeses Javi, David, Martín e outro en propia porta. Os de Ledín tras un mal comezo de partido foron quen de empatar o primeiro encontro da liguilla de ascenso e gozaron de ocasións para levarse os tres puntos.
O cadete masculino perdeu 3-1 ante o Casás “B”. Marcou Alain para os vilalbeses


























