RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Unha victoria, un empate e tres derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. nesta fin de semana.

O equipo masculino de 2ª División B continúa coa racha positiva de resultados e venceu por 4-2 ao Leis Pontevedra nun disputado partido. A victoria non foi doada e o equipo adestrado por Quini tivo que volver a remontar un partido que empezou perdendo e que puido rematar con máis goles de non ser pola boa actuación do porteiro visitante. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Antón, Fede, Quintela e Ismael. O vindeiro sábado ás 18:30 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba volverán a xogar como locais ante o C.D. Segosala e tratarán de brindarlle outra victoria aos siareiros vilalbeses para continuar nos postos altos da clasificación.

Na cuarta xornada de Preferente Galicia o equipo feminino sufriu a primeira derrota ante o F.C. Meigas por 3-1. As xogadoras adestradas por Quini viron como lles remontaban o gol inicial de Antía e agora ocupan a segunda posición na táboa clasificatoria. Para a vindeira semana terán a oportunidade de resarcirse da derrota ante o recén ascendido Atético Arnoia. O partido será o vindeiro sábado ás 16:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.

O equipo masculino de Preferente Galicia non puido puntuar na difícil saída á pista do Pontedeume F.S. e perdeu por 6-4. Os autores dos goles foron Rus, Johan, Iker e Christian.

O empate da xornada foi para o filial feminino que recibía ao Concello de Begonte F.S. O equipo adestrado por Ledín realizou un bó encontro e ata puido gañar o partido no derradeiro segundo. Marcaron Jenni e Ainara.

O equipo xuvenil masculino soamente deu aguantado o primeiro tempo e caeu derrotado 0-4 ante un gran equipo como é o Pescados Rubén Burela F.S.