RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Unha victoria e unha derrota foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo feminino que debutaba da competición ligueira ante o actual campión o Bembrive F.S. venceu por 1-0 nun partido moi igualado. O único gol do partido marcouno Pasto nunha gran xogada colectiva. O vindeiro sábado ás 19:30 horas visitarán ao filial do Ourense Ontime no Pavillón dos Remedios.
O equipo masculino de 2ª División B saiu goleado por 9-3 da pista do actual campión de liga o Exlabesa
Pontevedra F.S. Os pupilos de Muri realizaron un mal partido de principio a fin. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Antón, Dani e outro en propia porta. O vindeiro sábado ás 19:00 horas no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba recibirán ao Piensos Durán Albense F.S. que tamén xogou o play off a tempada pasada e ao igual que os vilalbeses non estreou o casilleiro de puntos.
Na Preferente Futgal o filial masculino xogará hoxe a partir das 21:00 horas ante o Fonsagrada F.S. no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba.
Comentarios de los entrenadores
Kini
Muri Méndez


























