RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.
Dúas victorias, un empate e dúas derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo feminino venceu por 2-7 ao filial do Ourense Ontime. O equipo de Kini moi concentrado desde o comezo impúxose con autoridade e no descanso xa tiña sentenciado o encontro cun 0-6 a favor. Marcaron para as vilalbesas Marta Hermo (2), Antía, Mery, Elvi y Lara. O vindeiro sábado ás 18:00 horas recibirán no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba ao F.C. Meigas nun derbi que contará coa presenza da seleccionadora española Cláudia Pons.
O equipo masculino de 2ª División B non pasou do empate (5-5) ante o Piensos Durán Albense F.S. e sumou o primeiro punto da tempada. Os de Muri malia a saír ben no comezo de partido e marcar un gol legal que lle foi anulado encaixou tres goles en tres minutos chegando ao descanso cun resultado moi desfavorable. Na segunda metade conseguiu remontar pero nos derradeiros minutos os visitantes xogando de porteiro xogador lograron a igualada definitiva. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Isma (2), Antón, Longo e outro en propia porta. O vindeiro sábado ás 18:30 horas visitarán ao River Zamora F.S. no Pavillón Municipal “Angel Nieto”.
Na Preferente Futgal o filial masculino caeu goleado por 3-10 ante A Baña Futsal e suman a primeira derrota despois de dúas victorias. Marcaron para os vilalbeses Miguelito, Amado e Martín.
Na primeira xornada da Primeira Futgal Feminina enfrontáronse nun entretido encontro os filiais do Grupo Forma-t Vilalba F.S. A victoria foi para o filial “B” por 1-8. Marcaron polo filial “B” Marta (2), Ana (2), María (2), Sandra e Laura e polo filial “C” marcou Jenni e propia porta.


























