RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S.

Dúas victorias e tres derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.

O equipo feminino caeu por 6-0 na pista do Estrela Futsal. O equipo de Kini aguantou o primeiro tempo pero o mal inicio da segunda parte levou a encaixar unha dura derrota. O vindeiro sábado ás 18:00 horas recibirán no Pavillón Municipal de Deportes de Vilalba ao actual líder El Gaitero Rodiles F.S.F.

O equipo masculino de 2ª División B goleou 7-1 ao Concello de Begonte F.S. no derbi comarcal. Os de Muri que comenzaron con dúbidas tiveron que remontar na primeira parte para acabar goleando na segunda. Os goles do Grupo Forma-t Vilalba F.S. foron obra de Amado, Fari, Antón, Kevin, Simón, Hugo e outro en propia porta. O vindeiro sábado ás 17:30 horas visitarán ao C.D. Tierno Galván no Pavillón “Lalo García” de Valladolid.

Na Preferente Futgal o filial masculino perdeu 2-4 ante o Alto do Vento F.S. Os de Miloso non pudieron sacar os tres puntos e quedan situados na metade da clasificación. Marcaron para os vilalbeses Hugo e Íker.

Na Primeira Futgal Feminina o filial “B” do Grupo Forma-t Vilalba F.S. goleou 1-12 ao equipo A Lenda Castroverde F.S. Marcaron María (5), Andrea (3), Sandra (3) e outro en propia porta.

O equipo feminino da Preferente cadete perdeu por 4-2 ante o Icoeume LagoSport F.S. Os dous goles das vilalbesas marcounos Laura Varela.