RESULTADOS DOS EQUIPOS DO GRUPO FORMA-t VILALBA F.S
Sete victorias e tres derrotas foi o balance dos equipos do Grupo Forma-t Vilalba F.S. na fin de semana pasada.
O equipo feminino venceu 1-4 ante C.D. Nou Turia F.S.F. O equipo de Kini sen realizar un gran partido venceu a un rival complicado. Marcaron Antía, Lara, María e Elvi. O vindeiro sábado ás 12:00 horas recibirán ao equipo menorquín do F.S. Atlético Mercadal.
O equipo masculino de 2ª División B venceu 3-2 ao I.E.S. Coruxo F.S. Os de Muri foron merecedores dunha victoria máis amplia. Marcaron Hugo, Fari e Héctor. O vindeiro sábado ás 18:30 visitarán a O Esteo F.S. no derbi de proximidade.
Na Preferente Futgal o filial masculino venceu 7-5 ao Fisober F.S.F. Os de Miloso volven á senda da victoria. Marcaron para os vilalbeses Johan (2), Pellón, Miguelito, Tito, Nuno e Amado.
Na Primeira Futgal Feminina o filial “B” do Grupo Forma-t Vilalba F.S. venceu 0-2 á U.D. Pastoricense. Marcaron Cospe e Jenni.
O equipo xuvenil masculino goleou 12-1 ao Bar Roma Castroverde. Marcaron para os vilalbeses Alain (4), Ismael (3), Ruíz (2), Pablo, Míkel e Rego.
O equipo feminino da Preferente Futgal Cadete perdeu 2-4 ante o Gadesport O Parrulo F.S. Marcou Laura Varela por partida dobre para as vilalbesas.
Na Primeira Futgal Cadete Masculina o equipo “A” venceu 9-2 ao ADC Piringalla “B” con goles de Fran (4), Brais, Souto, Trastoy, Samuel e Míkel. O equipo “B” perdeu 1-5 co ADC Luga Sala “B”. O gol dos vilalbeses marcouno Teixeira.
Na primeira xornada da Primeira Futgal Infantil Masculina enfróntáronse o equipo “A” contra o “B” saíndo victorioso o segundo por 1-2. Marcou para o equipo “A” Alejandro e para o equipo “B” Joel e Mateo.


























